Este sábado día 8 celebrarase por fin a primeira xuntanza de TwittGal, a comunidade de usuarios de Twitter.
O evento realizarase ás 10 da noite na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.
Esperarase entre un cuarto de hora e media hora (dependendo da impaciencia do persoal) antes de proceder a tomar as rúas e pubs da capital galega.
Levarei adhesivos para polas no peito co nick (”@TwittGal” por exemplo) para que o primeiro contacto sexa máis fácil entre aqueles que non se coñezan.
Un par de persoas confirmaron a súa asistencia polo Twitter, co que se somos tres xa merece a pena :D, de todos os xeitos agradeceríavos moito que confirmásedes a vosa asistencia mediante os comentarios para facernos unha idea.
Grazas a tod@s.
Compartir