Blogs & Beers & Grelos beta

Venres, 04 de Abril de 2008 ás 10:59 am

Mañá sábado 5 de Abril ás 21:30 celebrarase no bar Angel en Compostela a edición beta da xuntanza blogueira Beers & Blogs & Grelos unha iniciativa onde se busca o contacto entre os distintos bloggers galegos.

 

Dispós de máis información en C.P Palacios.

 

 

 

Éxito? SI!

Martes, 11 de Marzo de 2008 ás 7:29 pm

A primeira edición de TwittGal foi un éxito. :)

E moitos preguntaranse como pode cualificarse de éxito unha convocatoria á que finalmente acoden só tres persoas? Diréivolo. Son varios os motivos.

O primeiro é que Galiza ten un número de twitters bastante escaso, polo que dende un principio non contabamos con que a idea calase a gran escala.

Outra razón é que Galiza é unha comunidade non unha gran cidade, nunha gran cidade é máis factible xuntar un bo número de persoas en base a non ter que desprazarse demasiados quilómetros …e á gran poboación existente, dentro e fóra de Twitter.

Hai que engadir o dato de que en TwittGal pouca xente coñécese persoalmente de antemán, ao contrario do que sucede noutras comunidades twitteras.

Tres é un bo número, de feito só houbo outro par de persoas que foron dúbida e seguiuse adiante coa aventura sen pensar en cancelala. Sinxelamente porque o número non é algo tan importante e si pasarllo ben (diso vai TwittGal) Cada twitter é importante. Ademais é unha temeridade ter por poucos a dous galegos e un asturiano. :D

Dito isto vos conto algo do evento.

Eu cheguei puntual e só entón deime conta de que non sabía moito da aparencia física de @ipenido e @frandieguez, polo que tirei unhas fotos ao Obradoiro mentres gusmeaba a zona ata que me dei conta que eran uns rapaces que estaban alí xa.Primeira TwittGal

Apertóns de mans, presentacións…. tardamos ben pouco en decidir ir encher o bandullo :D

Así cunhas tapas e algunha cervexa empezaron a desfilar todo tipo de conversacións, algunhas delas especialmente frikis.

Películas, xogos, Linux, Mac, política, telefonía, o IRC,… en fin falouse de moitos temas, en ambiente de confianza e relaxado sen que houbese un só momento de silencio. Ata proxectos interesantes e negocios xurdiron no coloquio.

Logo dun par de bares e un par de cacharrazos démonos conta que eran as tantas (eu cheguei a Coruña sobre as 5 da mañá :P ) e pasóullenos o tempo voando, así que a casiña, iso se, como se nos foi o santo ao ceo e non había nin unha soa foto por culpa de tanto palique, había que inmortalizar o evento, así que nos fixemos un par de fotos e despedímonos, unha vez máis no Obradoiro.

Non é algo sinxelo nestes días atopar xente tan afín e coa que poidas gozar dunhas cervexas tan cómodo. O sábado foi un deses días dos que me acordarei con certa morriña do mesmo xeito que todos recordamos as primeiras quedadas do IRC, campus party’s ou encontros dese tipo, porque adoitan deixar un sabor especial que non deixan habitualmente varias convocatorias despois.

Non podo ser máis claro: paseimo de moito nabo.

E na segunda TwittGal, aínda que sexamos 5, vai ser así tamén. Esperámosche.

(Click na foto pra dir ao noso grupo de Flickr, donde xa se subiron as fotos)

Tamén temos grupo no FaceBook

Venres, 07 de Marzo de 2008 ás 4:48 pm

 

Xa temos tamén un grupo na popular rede social FaceBook.

Úneche se tes conta alí.

 

TwittGal @ FaceBook

Actualizado, estaba mal a ligazón.

Xa temos grupo no Flickr

Venres, 07 de Marzo de 2008 ás 12:34 am

Xa está o grupo en Flickr preparado para subir as fotos da xuntanza do sábado …unirvos todos os que esteades por alí.

;)

TwittGal @ Flickr

Primeira xuntanza TwittGal

Xoves, 06 de Marzo de 2008 ás 9:07 pm

CompostelaEste sábado día 8 celebrarase por fin a primeira xuntanza de TwittGal, a comunidade de usuarios de Twitter.
O evento realizarase ás 10 da noite na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

Esperarase entre un cuarto de hora e media hora (dependendo da impaciencia do persoal) antes de proceder a tomar as rúas e pubs da capital galega.

Levarei adhesivos para polas no peito co nick (”@TwittGal” por exemplo) para que o primeiro contacto sexa máis fácil entre aqueles que non se coñezan.

Un par de persoas confirmaron a súa asistencia polo Twitter, co que se somos tres xa merece a pena :D, de todos os xeitos agradeceríavos moito que confirmásedes a vosa asistencia mediante os comentarios para facernos unha idea.

Grazas a tod@s.

Estreamos web

Mércores, 05 de Marzo de 2008 ás 6:07 pm

Como podedes ver estamos do trinque.

Joomla nos dio máis problemas dos que esperabamos, queriamos algo sinxelo, que non nos quitase un tempo do que non dispomos e optamos pola solución sinxela de Wordpress.

Evidentemente o aspecto gráfico, a pesar de estar algo mellor, non é unha marabilla, polo que se alguén se ofrece a colaborar neste aspecto será moi benvido. ;)

Para o tema das fotos o máis probable e cómodo será utilizar unha conta en Flickr e estamos valorando a posibilidade de habilitar un foro ou novamente o wiki. Admítense propostas neste sentido.

Moitas grazas a todos pola vosa paciencia e apoio. :)


Pechar
E-mail It